¿Qué hacer en Vigo?

María do Ceo, fados en Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O domingo 12 de abril ás 19.00 terá lugar no Teatro Afundación de Vigo a presentación de «Soños cumpridos», o último traballo discográfico da fadista María do Ceo no que a cantante pon voz ás letras de Eduardo Blanco Amor e Armando González.

Case vinte anos despois do seu primeiro álbum, «Cartas de amor» (1997), a gañadora do Premio Vieira de Prata á calidade artística en 2004 presenta o seu disco número once, o primeiro integrado na súa totalidade por composicións propias. Este disco-libro está prologado por Antón Reixa, contén fotos inéditas do escritor Eduardo Blanco Amor e inclúense nel un total de cinco cancións en castelán (catro boleros e unha balada) e 9 en galego (nas que están presentes ritmos de fado, o bolero, a balada e o pasodobre).

María do Ceo

Nada no Porto, María do Ceo é unha fadista e compositora portuguesa afincada en Galicia, polo que o seu estilo podería ser descrito como unha ponte musical entrambas culturas. A pesar de que comeza a cantar profesionalmente en 1988 non é ata 1995 cando funda o grupo Alfama, de carácter galaico-portugués, co que comeza a ter un éxito considerable e que a levará a ser a cantante consagrada que hoxe en día coñecemos. A súa traxectoria profesional non se limita unicamente a dar concertos en distintos países como Alxeria, Exipto ou Arxentina, senón que inclúe eventos diversos, como a súa participación na curtametraxe Reencuentro (2006).

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.