Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá o vindeiro xoves 28 de xuño, a partir das 21.00 h no seu Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) o espectáculo cómico Malo será! protagonizado por recoñecidos rostros da TVG.
MALO SERÁ!
Da pantalla de Televisión de Galicia ás táboas do teatro. É un salto arriscado pero… malo será. Oito actrices e actores da TVG, acompañados de invitados e sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketches cómicos que será gravado e emitido pola TVG ao longo do verán.
Con Lucía Regueiro, Isabel Blanco, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Sabela Hermida, Oswaldo Digón, Lucía Veiga e a participación estelar de Touriñán, Manuel Manquiña, Eva Iglesias ou Víctor Fábregas entre outros.