O circo cabaret Luxuria colga o cartel de entradas esgotadas tres días seguidos en Vigo. En total 1.200 espectadores gozaron do espectáculo na súa primeira fin de semana no Auditorio Mar de Vigo. Iste fin de semana tedes unha nova oportunidade para coñecer ista proposta que combina o circo cabaret dun xeito divertido, atrevido e sensual.
A proposta repite funcións mañá venres, o sábado e o domingo, para as que xa se venderon máis do 50% das entradas.
Nova oportunidade para ver o espectáculo do 16 ó 18 de Outubro
Os que aínda non se atreveron a internarse neste universo de erotismo desbordante teñen unha nova oportunidade mañá venres, o sábado e o domingo desta fin de semana, mais non deben demorar moito, pois xa se vendeu o 50% das entradas para eses días. As funcións serán mañá día 16 e sábado 17 de outubro ás 23:00h e domingo 18 de outubro ás 21:00h e as entradas están a venda na web Ataquilla.com.
Luxuria Cirkus Show é a primeira produción de Luxor Showtime, a compañía especializada no xénero adulto de La Fiesta Escénica, que se estreou no pasado mes de xullo en Galicia. Busca entreter ao público maior de 18 anos conxugando o mellor do cabaret e do circo dunha maneira divertida e dinámica. Está especialmente pensada para crear unha atmósfera de goce e desinhibición mentres os espectadores poden tomar algo sentados nas súas mesas, rompendo as barreiras entre o escenario e o clásico patio de butacas. Os artistas interactúan cos espectadores nunha atmosfera moi provocadora, fresca e cun toque canalla, con servizo de coffee-bar e un expositor especializado en produtos eróticos, co asesoramento da psicóloga e sexóloga clínica Daniela Gómez.
Todo isto é posible grazas a un cadro de vinte artistas, entre os que están recoñecidos artistas do mundo do circo e a danza como Shara Lecter (campioa de España de Pole dance, Bikini fitness e portada de Interviú), grandes humoristas como Coria Castillo (da Paramount Comedy) e outras caras famosas do mundo da noite como os gogós e streapers Antonio Aguilera e Sonia Baby (portada de Interviú). A duración aproximada do espectáculo é de 120 minutos, cun pre-show para introducir ao público nun universo de luxuria e diversión.