Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino, que as cousas case nunca son o que parecían, e o complexo das relacións familiares.
Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instarlase na casa da súa filla, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?
Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis se sufre.
Poderás vela obra na sala Ártika o vindeiro Venres 26 e Sábado 27 de Abril ás 21:30 na Sala Ártika e tamén o Domingo 28 de Abril ás 20:00h. Mercar entradas.
