Este próximo sábado 26 de Novembro organizamos unha limpeza do monte da Guía, en Vigo. A actividade comezará ás 11:00 horas e ó rematar teremos uns petiscos como recompensa polo esforzo.
O monte da Guía sitúase na parte alta do barrio de Teis, un dos máis activos da cidade de Vigo. Está presidido por unha ermita e toda a zona é un enclave natural preto da urbe polo que pasear tranquilamente, escoitando o son do mar e cunhas vistas impresionantes dende o seu cume.
A actividade dará comezo ás 11:30 ata ás 14:30 horas, cun piscolabis ó final da mesma.
Máis información (importante):
Podédesvos inscribir enviando un correo co voso nome e teléfono a irmaosrabudos@gmail.com e recibiredes a información completa da actividade.
Máis info no facebook de Irmaos Rabudos.