¿Qué hacer en Vigo?

Libraría infantil: Libros para soñar

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A libraría infantil LIBROS PARA SOÑAR, do Casco Vello vigués, cumprirá 15 anos coincidindo co Día do Libro, este xoves.

O Xoves 23 de Abril descontos:

Como é tradición, na propia data do 23 de abril, as compras de libros terán un 10% de desconto. A celebración do 15º aniversario realizarase o venres, no marco da sesión de contacontos habitual, a partir das 18:30 horas. Nesta festa de cumpreanos participarán autores de contos, narradores, e non faltarán nin a música nin os petiscos para agasallar a todos os nenos e nenas, nais e pais, que participen no encontro.

LIBROS PARA SOÑAR abriu as súas portas para ofrecerlles ás familias ?e ás crianzas en particular? unha selección da mellor literatura infantil e xuvenil que se está a publicar, cunha especial consideración á produción editorial en galego. Como libraría especializada, tamén se converteu nun referente para os educadores, bibliotecarios, mediadores e animadores no eido da infancia e da cultura.

Nos seus 15 anos de traxectoria, LIBROS PARA SOÑAR ten destacado por desenvolver unha programación continua ?ao longo do curso escolar? de sesións de contacontos e obradoiros de plástica creativa; non só para nenos e nenas partir de 4 anos, senón que nos últimos tempos incorporáronse tamén sesións de contos para bebés de 0 a 3 anos, que teñen unha alta demanda e moito seguemento por parte das familias, cada vez máis sensibilizadas na importancia dos libros e da lectura dende os primeiros anos de vida dos seus fillos e fillas.

Ademais das actividades infantís, LIBROS PARA SOÑAR organiza cursos de formación para adultos, relacionados coa narración oral e as técnicas interpretativas con monicreques ou sombras chinesas.

Encontros con autores e ilustradores, presentacións de libros e sinatura de exemplares, charlas sobre animación á lectura ou proxeccións audiovisuais complementan a oferta de servizos da libraría.

Xunto cunha ampla variedade de títulos e xéneros ?álbum ilustrado, materiais de tea e de madeira, libros de arte, libro-discos, narrativa, poesía? para lectores de todas as idades, outra faceta destacable en LIBROS PARA SOÑAR é a relacionada coa exposición de ilustracións para que, ao tempo que se realizan os contacontos, estas actividades de animación á lectura se fagan nun ambiente propicio para favorecer asimesmo a sensibilidade pola arte e pola creatividade estética en todo o seu abano de técnicas e de estilos.

Durante este mes de abril, pódense contemplar os debuxos que ilustran o conto rimado “Os ratos da casa”, realizadas pola ilustradora arxentina Natalia Colombo, que foi a gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.