¿Qué hacer en Vigo?

“IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine”

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

“IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine”, xoves 8 de novembro, ás 18:30h, no Auditorio do Edif. Municipal do Areal (Antigo Edif. do Reitorado) da rúa Oporto, 1 en Vigo.

EVENTO GRATUITO

O consorcio conformado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar e a Fundación para la Pesca y Marisqueo —FUNDAMAR— presentan as IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine.

O obxectivo principal das Xornadas é salientar o papel estratéxico da muller no sector extractivo e transformador dos produtos do mar, recoñecer o esforzo realizado no pasado, o presente e o futuro. Elas configuran un alicerce fundamental da nosa sociedade e da comunidade pesqueira e conserveira, xa que participan en toda a cadea produtiva, dende a extracción ata a comercialización final do produto.

Nesta ocasión poñemos o foco no protagonismo das mulleres do mar no noso cine, tanto documental como de ficción. Os invitados e invitadas da mesa redonda serán o cineasta Álvaro Gago Díaz, autor de Matria, a curtametraxe multipremiada e galardoada no mítico Festival de Sundance, cuxa protagonista traballa na fábrica Daporta (Cambados) de conservas de peixe e marisco, que mudou a súa produtividade polo plató de cine. Contaremos tamén co seu xerente, Alejandro Daporta. Doutra banda, Cruz Piñón presentará o proxecto audiovisual Teño unha horta en San Sadurniño, que inclúe o documental realizado polas antigas traballadoras da conserveira El Cisne, Historia do cisne, o atún e a troita. Finalmente, Xisela Franco moderará a mesa redonda e introducirá o seu documental poético La última batea, suxestivas imaxes para despedir a derradeira batea de ostras da Ría de Vigo da man da súa propietaria.

“IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine”

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.