Isto Ferve no teatro Ensalle

Isto Ferve no teatro Ensalle

08/04/2013
    Datos del Evento:
  • 05/04/2013
    Fecha de inicio
  • 22:00
    Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

Ista é a programación que depáranos o Teatro Ensalle para o mes de Abril co seu programa ‘Isto Ferve’.

 

Non vamos referirnos agora ao refraneiro, pero xa se sabe que en Vigo a Primaveira “ferve” en Teatro Ensalle. Ésta en concreto está repleta de desexos cumpridos.

Abrimos o Festival cun espectáculo de 3 horas con descanso, 28 buitres vuelan sobre mi cabeza da compañía do autor, dramaturgo, iluminador e artista multidisciplinar Carlos Marquerie.

O seguinte fin de semana pegámonos unha viaxe musical subidos á voz de Mónica de nut e á guitarra de Virxilio da Silva.

A terceira xornada é para Elena Córdoba a quen lle ofrecimos o programa ‘A mosca do viño’, é dicir, a semana previa á presentación do seu espectáculo, Atlas, el gigante y la vértebra, estará na sala impartindo un obradoiro de danza intensiva aberto a todo o que queira participar nel.

O mes de Abril rematará como tódolos anos cunha manta de po e auga, da man de Camille Hanson, Óscar Lozano e Navidad Santiago coa obra Dust and Water.

Os días 5 (22:00h.), 6 (22:00h.) e 7 (21:00h.), poderemos disfrutar da obra 28 buitres vuelan sobre mi cabeza da compañía Carlos Marquerie/Lucas Cranach. A obra surde das páxinas do diario do propio autor escritas entre outono de 2011 e a pasada primaveira, un período no que comeza a deixar por escrito reflexións, impresións, emocións, soños e desexos desprendidos do simple acontecer cotián, surdidos de entre a néboa e as aciñeiras a veira do Guadarrama.

 

Te puede interesar:

La campaña CADA NIÑO UN JUGUETE empieza el 1 de noviembre y durante el mes de diciembre se realizará una serie de eventos
El musical de La Granja de Zeno?n del 27 al 29 de diciembre en el Auditorio Mar de Vigo
la IV Gala Internacional del Ilusionismo tendrá lugar en el Teatro Afundación Vigo el 26 y 27 de diciembre
La iniciativa social "Os pans do Camiño" abre su plazo de inscripción hasta el 22 de diciembre

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.