¿Qué hacer en Vigo?

Ioga e Rock no paseo de Alfonso XII – Rock’n’Dalini na rúa

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Rock’n’Dalini na rúa: Ioga e Rock no paseo de Alfonso XII o vindeiro martes 21 de xuño a partir das 20 horas.

O 21 de xuño celebramos o día internacional do Ioga, e queremos poñer a Vigo en acción! Levaremos toda a enerxía do Ioga Kundalini e a música rock xusto frente á oliveira do Paseo de Afonso XII , coa ría na nosa ollada. Unha aula aberta mentres cae o sol, abrindo a noite máis curta do ano!

Se xa practicas ioga, isto é novo e diferente, paga a pena probar ; se aínda non practicas ioga, tés a ocasión de quitarte a curiosidade e ver se che gusta (que vai ser que si, sabémolo)
Únete ao plan de ser unha Yoga and Roll star, vente con amigxs, familia, compañeirxs de chollo, mascotas… Que é gratis total! ;) Só necesitas roupa cómoda, calcetíns e ganas de disfrutar dun rato diferente na compaña da xente máis enerxética da nosa cidade.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.