O vindeiro sábado 30 de abril ás 23:00 Triatreros volve a Sala Ártika cunha edición especial do seu espectáculo Impronews¡ Esta vez o espectáculo transformarase nunha gran festa na que haberá música, teatro, maxia e improvisación.
Nesta ocasión o público poderá tamén achegarse o bar da sala e consumir algunha copichuela xa que será neste espacio onde teña lugar a actuación.
Modo de empleo deste espectáculo:
Antes do comezo da función o público recortará noticias reais e inventará as súas propias, a partir deste material 4 hipervitaminados reporteiros darán vida o material en forma de escenas humorísticas e hiperbólicas que divertirán o público asistente.
Ademáis da improvisación que outras cousas atopará o público:
• Unha incandescente banda composta de voz, teclados e batería. Que dará a benvida o público, animará e terá que improvisar durante as escenas.
• Un ilusionante e ilusionista invitado…. Alex Louzao un mago cun don especial… saca risas da súa “chistera”.
Todo isto e moito máis o vindeiro sábado na Sala Ártika¡¡
Máis info:
Data da función: 30 de abril
Hora: 23:00
Lugar: Sala Ártika (Vigo, Avenida Beiramar, 113)
Nome do espectáculo: Impronews Party Editión (comedia, música e improvisación)
Prezo da entrada: 7 Euros. Punto de venta na propia sala ou en https://www.ticketea.com/entradasteatroimpronewsenvigo/