O coñecido actor David Amor estará en Vigo este sábado 27 de maio as 23:00, na Sala Ártika, como convidado no xa tradicional show mensual de Triatreros, Impronews.
DAVID AMOR en IMPRONEWS
Despois de ter pasado polo espectáculo, artistas da talla de Miguel Angel Blanco, Lois Blanco, ou Monti Castiñeiras, é o turno de David Amor. Moi coñecido polo seu traballo na serie Gym Tony, o late night da TVG “Con Amor e Compañía”, ou polo éxito arroiador da obra teatral “Amigos ata a morte” na que participa xunto con Xosé Antonio Touriñan, David Amor terase que enfrontar as diversas probas de improvisación que lle porán durante o show.
Impronews é un late night sen guión escrito. Os espectadores ao comezo do espectáculo escribirán que noticias de actualidade quererán ver, e os actores, mediante a improvisación, daranlles vida. Comedia, improvisación, audiovisual, música en directo, e ilustres invitados fan de Impronews un espectáculo único, de hora e media de duración, onde a risa esta garantida.
Conseguira saír ben parado David Amor dun show sen guión?? Sen rede?? Entradas xa a venda a partir de 7€ en www.ticketea.com ou na taquilla do teatro dende 1h antes do comezo.
“Triatreros Teatro” é unha compañía de teatro viguesa creada no ano 2011. Especializada en improvisación teatral, percorreron os mellores festivais de teatro profesionais de Galicia cos seus espectáculos de sala e de improvisación. Unha compañía que resiste nun tempo complicado para a cultura e que ten como premisa principal que os espectadores esquezan os seus problemas e pasen un anaco divertido.