Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Evento popular para desfrutar da cervexa artesá na contorna do castro da Cabeciña. Ao longo da xornada haberá cervexa de Trisk-Ale e Vacaloura, refrescos e postos de comida a prezos populares.
Lugar: Mougás, Oia
Tamén haberá visitas guiadas ao castro e petróglifos da Cabeciña, disfraces castrexos, un obradoiro para nenos para construír unha cabana castrexa e grupos de gaitas da zona.
Máis información sobre a programación e como chegar nesta ligazón: http://costadoscastros.com/gl_ES/2016/04/20/ii-festa-da-cervexa-da-cabecina/