Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Do 10 ao 26 de abril celébrase en Redondela a 4ª edición da Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela.
Unha Ruta por 26 establecementos participantes dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras contornas rurais de Cedeira e Reboreda ou deixándose ir algo máis aló do alto de Saxamonde. Poderás degustar os sabores da nosa terra!
Pincho + Viño ou Cervexa = 2,95€
Achégate a Redondela e goza da sua Hostalaría, vota os mellores pinchos e poderás gañar relaxantes e deliciosos premios:
- Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Terman + Visita á Adega Regina Viarum con degustación de viño.
- Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.
- Dous pases para Circuito Termal completo no Talaso de Baiona (De Luns a Sábado)
Ademáis premio directo para os clientes que rematen a ruta (12 primeiros): Botella de Viño Magnumcon D.O. Rioja ou Albariño.
Non te perdas as fotos dos pinchos: