¿Qué hacer en Vigo?

Homenaxe ao Gaiteiro 2018

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Desde o Grupo Etnográfico ‘A Buxaina’, en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo (CRACC), comprácenos un ano máis presentar a ‘Homenaxe ao Gaiteiro’, que acada xa a súa XXX edición. O acto, que xa vén sendo na cidade una acontecemento anual de renome, terá lugar no teatro ‘Afundación’, o día 17 de marzo ás 20:00 horas .

O obxectivo desde encontro é, sobre todo, homenaxear e poñer en valor aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo. Para isto, desta volta os homenaxeados serán o mestre e gaiteiro Manolo Solla, o tamborileiro Manolo Rin-Rin (antigo membro de Muxicas) e os bailadores Hipólito e Dosinda,
do Concello de Avión.

Ademais desta homenaxe, contaremos coas actuacións dos grupos Raigames, octecto de gaitas e percusión herdeiro do legado de Enrique Otero, as pandeireteiras Lagharteiras e do propio Etnográfico A Buxaina. Tamén teremos o pracer de contar coa presenza de Manuel Botana, antigo membro de Fulano, Mengano e Citano, como presentador desta edición.

O acto celebrarase no auditorio do teatro Afundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo. As invitacións poderán recollerse no CRACC de Coruxo a partir do día 7 de marzo para os socios do centro, cunha entrada-donativo de 3 euros, e do día 12 para os non socios, cunha entrada-donativo de 5 euros. As entradas poderán recollerse en horario de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.

Homenaxe ao Gaiteiro 2018

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.