¿Qué hacer en Vigo?

Homenaxe ao Gaiteiro 2015

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O Grupo Etnográfico ‘A Buxaína’, en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo (CRAC), preséntanos un ano maís a ‘Homenaxe ao Gaiteiro’, que acada xa a súa XXVIII edición. O acto, que xa ven sendo na cidade una acontecemento anual de renome, terá lugar no auditorio ‘A Fundación’ (teatro García Barbón), o día 31 de outubro ás 19:30.

O obxectivo desde encontro é, sobre todo, homenaxear e poñer en valor aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Tratase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo. Para isto, desta volta contaremos coa presenza da pandereteira Concha de Luneda e dos gaiteiros Constante de Valiña, Modesto de Murias e Desiderio de Vilarmide.

Ademaís, esta ocasión estará adubiada coa saber facer de Davide Salvado, quen nos vai amosar o seu traballo dos derradeiros anos, e tamén cos Contracocheno, un cuarteto de gaiteiros ó xeito daqueles que amenizaban as festas do patrón nos torreiros do país. A guía da tarde corresponde a María Lado, espelida dona da palabra.

A venda de entradas realizaráse no devandito CRAC de Coruxo (en horario de 20:00 a 22:00 de lúns a venres e o sábado de 12:00 a 14:00) e tamén no bar/restaurante O Lagharto Pintado (Rosalía de Castro, 8, Vigo). O prezo doazón deste ano é de 3€ para os socios e de 5€ para os non socios, xa que sen esta axuda a Homenaxe sería imposible de facer.

homenaxe

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.