¿Qué hacer en Vigo?

Homenaxe ao Gaiteiro 2014

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Dende o Grupo Etnográfico A Buxaina avísanos que o próximo domingo 9 de novembro a partir das 19 horas celebran a vixésimo séptima edición da Homenaxe ao Gaiteiro. Trátase dun acto anual que organizan en colaboración co Centro recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC).

O obxectivo principal deste acto é homenaxear a persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou a divulgar e conservar a nosa cultura e as nosas tradicións. Nesta edición os homenaxeados serán Paco Bello, gaiteiro de Gargamala, Mondariz e Consuelo Vázquez Souto (Consuelo dos Queixos), pandereteira de Carballo.

Ademais desta homenaxe, contaremos coas actuacións dos grupos Pink Roe, Grupo Etnográfico A Buxaina e dun espactáculo especialmente preparado para o acto que reúne á Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales, e ao gaiteiro Xaquín Xesteira, mestre de gaita na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional e compoñente do grupo Treixadura e ao tamén gaiteiro Xosé Manuel López Sanromán. Tamén temos o pracer de contar coa cantautora María Xosé Silvar (Sés) como presentadora desta edición.

O acto celebrarase no auditorio do Centro Cultural A Fundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo. As invitacións poderán recollerse no CRACC de Coruxo a partir do día 27 de outubro para os socios do centro, cunha entrada-­donativo de 2 euros, e do día 3 para os non socios, cunha entrada-donativo de 3 euros. As entradas poderán recollerse en horario de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos.

gaiteiro

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Localización

En algunas ocasiones la localización puede no corresponderse a la realidad.

Entradas populares