Do 30 de Abril o 4 de Maio o espectáculo The Hole, unha creación de Paco León, Yllana e LetsGo en Vigo.
As localidades están dispoñibles en servinova. O espectáculo chegará a Vigo, ao Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13, o día 30 de abril e permanecerá na cidade ata o 4 de maio coas seguintes funcións:
Funcións:
Mércores 30 – 20:30 h.
Xoves 1 e venres 2 – dobre función, ás 19:30 h e ás 22:30 h.
Sábado 3, dobre función, ás 20:00 h e ás 23:00 h.
Domingo 4, ás 18:00 h.
The Hole é un espazo canalla no que gozar cun espectáculo fresco e descarado, que mestura o circo, o burlesque, o cabaré, a música e o humor. O teatro do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia hase converter nun auténtico cabaré, nun lugar engaiolante onde vivir unha experiencia única na que as fronteiras dos xéneros das artes escénicas desaparece.
A proposta de Paco León, Yllana e LetsGo é unha gran festa conducida por un especial mestre de cerimonias na que o público ha ver grandes artistas nacionais e internacionais, stripteases, números circenses realizados por artistas de consagrada traxectoria, e poderá presenciar, incluso, unha gran historia de amor, o leitmotiv do espectáculo.