Guerra contra o estrés.
A asociación ESN Vigo (Erasmus Student Network) organiza para o mércores 8 de maio un flashmob chamado “guerra de almofadas” para combater o estrés dos exames.
Leva a almofada e o pixama.
Terá lugar ás 20:00 na praza de Portugal. ESN Vigo anima ós asistentes a traer as súas almofadas e mesmo vir vestidos en pixama.
A guerra comezará cando se oia un chifro por primeira vez e rematará cando soe por terceira vez. Nese intre os asistentes deberán tirarse ó chan sobre as almofadas, e cando soe por segunda vez o chifre, comezar a combater contra os demáis participantes. Ó ouvirse o chifro por última vez, haberá que abandonar a praza. Só se pode loitar coas persoas que leven almofada.
Na páxina web de ESN Vigo pódese coñecer a actividade desta asociación referencia dos estudantes de intercambio da Universidade de Vigo na que só traballan voluntarios.