¿Qué hacer en Vigo?

Gilberto Gil en Vigo

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

GILBERTO GIL (música popular brasileira) – Martes 16 de xullo 21.30 horas – Auditorio Mar de Vigo (ticketea.com e Eventbrite.es)

É un símbolo da música popular brasileira, foi ministro de Cultura no seu país… Gilberto Gil é un xigante e poderemos disfrutalo en Vigo nun concerto excepcional o martes 16 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, dentro da súa xira europea na que presentará o seu novo disco ‘Ok ok ok’ (2018), co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Só ofrecerá outros dous concertos na Península: Barcelona (8 de xullo) e Lisboa (19 de xullo).

Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. Gil xa non ten medo da morte. Tampouco da vida. E así inaugura unha nova fase na súa carreira: o primeiro álbum da súa vellez, co que volve ao nivel da xenialidade. Mais isto non afecta ao seu directo, no que estará acompañado dunha excelente banda e unha das revelacións musicais no Brasil contemporáneo: Roberta Sá

‘Ok, Ok, Ok’, o seu último disco

Gilberto Gil ten o don de incorporar todos os aspectos do cotián á súa obra. Do convívio familiar aos movementos políticos, sociais ou culturais, todo é inspiración para unha nova canción, unha nova idea melódica, un movemento harmónico enxeñoso.

Gil xa cantou o cancioneiro nordestino, xa cantou o adianto tecnolóxico e seus impactos na aventura humana. Xa somerxeu nas profundidades do ser e celebrou a festa e a fe. Gil non ten medo da morte e nin medo da vida. Así, inaugura unha nova fase na súa carreira: o primeiro álbum da vellez. 

Gilberto Gil en Vigo

OK OK OK trae a familia, os encontros do núcleo íntimo de amizades, a doenza que sufriu e aqueles que o axudaron a pasar por ela. Ao mesmo tempo, cuestiona a necesidade de posicionamento que lle é esixida pola sociedade. A produción musical do fillo Ben e a participación de amigos e familiares destaca o aspecto íntimo da obra.

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.