¿Qué hacer en Vigo?

Freixo Rock 2018, 14 e 15 de Setembro

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

A vindeira fin de semana terá lugar no barrio vigués do Freixo o seu evento por excelencia: o Freixo Rock, o festival máis punki da Galiza.

Organización do Freixo Rock

Trátase dun evento totalmente autoxestionado, xa que é un festival que non conta con ningunha subvención. A Peña Freixo (organizadora) realiza actividades durante todo o ano para reunir os cartos suficientes para levalo adiante: baixadas de carros de bólas, andainas do terror, bingos, concursos de cutremetraxes, montar postos en festas como a Reconquista ou a Brincadeira… moito traballo detrás para podervos ofrecer unha fin de semana máxica e de balde. O único requisito para acceder ó recinto de concertos é realizar unha consumición.

Lugar do evento

O festival ten lugar, ó igual que nas anteriores edicións, no campo de fútbol situado á beira do local da asociación de veciñas e veciños de Freixo, rodeado de natureza e no alto de Vigo. Haberá unha zona de acampada xusto ó lado para as e os asistentes ó festival, ademais dunha gran carpa por se o tempo non estivera da nosa parte.

Programa do Freixo Rock 2018

O venres 14 ás 22 horas dará o pistoletazo de saída o grupo ourensán Maskarpone, que misturan ritmos como Ska ou Rock, cun estilo moi animado e bailable. Seguiranlle Os Vacalouras,a maior representación política e cultural da Alcaldía de Teis, coa súa dose intensa de Pataca’n’roll. Xusto despois subirase ó escenario o cabeza de cartel deste ano: Josetxu Piperrak. Dende Navarra, o cantante do que para nós é un dos grupos do Top 5 da historia do Punk-Rock estatal, fará soar todos os himnos de Piperrak no noso barrio. Dende o outro lado da ría chegarán The Skarnivals, actualmente toda unha referencia no país cando se fala de Ska-Punk, engadíndolle un toque Folk grazas á gaita galega. E por último estarán Demencia Sonora, o grupo da casa non podía faltar e non hai ninguén mellor ca eles para exprimir as últimas enerxías do público con versións de cancións históricas.

O sábado ás 20 horas terá lugar unha sesión de zumba a cargo de Toni Pilates para ir quecendo de cara á segunda noite do festival. Ás 22 horas comezarán cos concertos Os Rosmóns, puro Punk-Rock do país emitido dende Vigo. Seguirá outro grupo vigués: Falperrys, que definen o seu estilo como Punk Folk Tabernario para almas perdidas e traerán consigo novo disco. Dende Bilbo chega Radiocrimen, a pura esencia Punk, con xente curtida anteriormente en grandes grupos do xénero. Os seguintes serán Skakeitan, que dende Donostia traerán o seu aplastante directo cun estilo indefiníbel no que se pode atopar de todo: Ska, Rock, Reggae, Punk, toques de electrónica… E por último, e pechando o festival, estará a banda co estilo máis cañeiro do festival: Arkada Social, referencia do Street Punk e Oi! en Euskal Herria.

Non faltedes porque vai ser histórico!

Os grupos que forman o cartel son:
– JOSETXU PIPERRAK and The Riber Rock Band
– RADIOCRIMEN
– ARKADA SOCIAL
– SKAKEITAN
– FALPERRYS
– THE SKARNIVALS
– MASKARPONE
– OS VACALOURAS
– OS ROSMÓNS
– DEMENCIA SONORA
– FURANCHAZO

Lista de reprodución no Spotify:
https://open.spotify.com/user/5lrwofiz8cca9lw2mjdctat0q/playlist/3in7a9Il5c4d69gE9GFdId?si=g4YEBWegSM6_u4w-sR4IegFreixo Rock 2018, 14 e 15 de Setembro

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.