Foro musical “Percebe Son”

29/01/2011
    Datos del Evento:
  • 15/10/2019
    Fecha de inicio
  • Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

O próximo xoves 17 de febreiro de 2011 terá lugar en Vigo o “Percebe Son”, foro musical, cultural e de entretemento organizado polos alumnos de 2º de Producción Audiovisual do I.E.S. Audiovisual de Vigo (avenida Eduardo Cabello, s/n, Bouzas, xusto detrás do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC). <- Lugar.

O foro “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais e musicais do Equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. Audiovisual de Vigo e dos alumnos de 2º de Produción Audiovisual, de Radio e Espectáculos. Entre os obxectivos do foro están o de pór en contacto aos músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria, así como dar a coñecer ao público bandas que están a comezar e crear un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.

“Percebe Son” contará con diversas actividades durante todo o día. Pola mañá unha charla coloquio sobre música galega presidida por Xurxo Souto ex-líder e vocalista de Os Diplomáticos de Montealto e líder da banda Os Tres Trebóns, presentador de televisión e locutor de radio. A continuación gravarase no estudio de radio da escola o programa “Planeta Furancho” de Radio Galega Música que será emitido ás 23:00. Xa pola tarde impartirase un obradoiro de creación musical e haberá unha exhibición de videoclips de música en galego e unha sala habilitada para cantar no “Galeoke” o karaoke galego. E para rematar a xornada, terán lugar o concerto acústico de Ataque Escampe na Sala de Exhibicións e os concertos de Som do Galpom e Raiba no Auditorio do I.E.S. Audiovisual de Vigo.

Para máis información e próximas confirmacións: percebeson@gmail.com e http://percebeson.wordpress.com

Colaborador: Fer Martinez

Foto de : Pedro Moura Pinheiro

Te puede interesar:

Taller en inglés especial Halloween el 26 de octubre en la academia HUS
"God Save The Queen" en el auditorio Mar de Vigo el 23 de octubre

Un comentario sobre “Foro musical “Percebe Son”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.