Formación Festiclown, si lo tuyo es el humor

Formación Festiclown, si lo tuyo es el humor

Juan Carlos Nesta
10/06/2011
    Datos del Evento:
  • 22/07/2019
    Fecha de inicio
  • Hora de inicio
  • --
    Eventos aquí

Me han pasado una nota de prensa con la información muy bien explicada:

A maior oferta formativa europea de clown volve cunha nova edición do Festiclown en Vigo

O xa tradicional encontro, que este ano celebra a súa duodécima edición, terá lugar do 26 ao 31 de xullo e ofertará dez propostas seleccionadas entre as mellores a nivel internacional

A preinscrición para os cursos de clown estará aberta ata o vindeiro 29 de xuño

Xa é posible tramitar a inscrición nos cursos do Festival Internacional de Clown de Galicia. Trátase dun total de dez propostas formativas que se impartirán entre o 26 e o 31 de xullo e que serán impartidas polos mellores mestres a nivel internacional. Leo Bassi, Norman Taylor, Moshe Coen ou Antón Valén son só algúns deles.

Se algo distingue o Festiclown é o esforzo que inviste na formación cun apartado, o Formaclown, que achega a Galicia cada verán os principais mestres e mestras das artes escénicas. Ningún festival similar concentra tanto alumnado (una media de douscentos participantes) e por volta dos 10 mestres cada ano nun encontro que superou a cifra de corenta mil espectadores e espectadoras na pasada edición.

Esta foto pertenece a Jordan Pérez Órdenes

Esta edición do Festiclown reafírmase na súa aposta pola formación; así, o belga Norman Taylor será o responsable de impartir “Movemento cómico”, o único curso este ano orientado exclusivamente a profesionais. Pola súa banda, Antón Valén, integrante do afamado Cirque du Soleil entre o 2002 e o 2007 e responsable de algúns dos números clownescos de “Alegría”, impartirá os obradoiros de “Iniciación ao clown” e “Un clown na pista”.

O Formaclown tamén contempla no seu programa 2011 un curso impartido por Leo Bassi, outro a cargo de Christian Atanasiu, O galego José C. Illanes, actor, músico e cofundador de Zancalino Produs, impartirá o “Curso de zancos e comicidade”, mentres que o grande mestre italiano Carlo Bosso, ocuparase do curso de “Comedia dell´ arte”.

O prazo para solicitar a preinscrición nos cursos de Formaclown remata o 29 de xuño, ainda que se prolongará no mes de xullo naqueles cursos que dispoñan de prazas. Toda a información sobre os trámites pode consultarse na web www.festiclown.org

O apartado formativo intégrase dentro dun programa máis amplo de actividades do xa tradicional Festiclown que volve ás rúas de Vigo a última semana de xullo para enchelas de humor, risas e narices vermellas, pero sen esquecer o compromiso social, como proba o feito de que a recadación deste ano irá destinada á realización do 1º festival de clown en Palestina, o Festiclown Palestina.

 

Te puede interesar:

La Coral Casablanca actuará el sábado 27 de julio en el Auditorio de Castrelos por las fiestas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.