Do 16 ao 18 de xuño poesía polo Casco Vello no festival PoemaRia 2017.
Se queres disfrutar dalgúns dos poetas nacionais e internacionais máis destacados dos últimos anos, deixarte levar por versos en galego, castelán, inglés ou portugués, facer un percorrido pola cidade descubrindo contos ou acabar o día cun concerto ao aire libre e unha sesión de curtas, non podes perder PoemaRia 2017!
Esta fin de semana, do 16 ao 18 de xuño, a segunda edición do festival Internacional PoemaRia Vigo espallará poesía polo Casco Vello con actividades ben diferentes pero que teñen en común a calidade e o desexo de salientar especialmente a voz das mulleres na poesía. Será o colofón a tódalas actividades de PoemaRia ao longo do ano e queremos convidar a todos a sumarse á festa. Se che gusta a poesía, non o podes perder, e se pensas que non é o teu, dalle unha oportunidade: como levamos proclamando 5 semanas nos nosos obradoiros, a poesía non morde (aínda que ás veces debería)!
Contaremos, entre outras, coa participación da orixinalísima, innovadora e indispensable poeta galega Yolanda Castaño que recitará o sábado xunto a autora portuguesa de referencia Ana Luísa Amaral. Na inauguración do venres, teremos a oportunidade de escoitar á poeta andaluza Carmen Camacho e as galegas María do Cebreiro e Estíbaliz Espinosa.
Ademáis, haberá outras lecturas de poetas con traxectoria editorial consolidada de Irlanda como Paul Casey, Portugal como Filipa Leal ou Ana Luísa Amaral, Córdoba, como María Sánchez, e as voces máis salientables do panorama galego coma Antía Otero, Xina Vega, Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Pichel, María Reimóndez ou Isaac Xubín.
A editorial madrileña Amargord creará unha nova colección Poemaria coa publicación dunha antoloxía anual do festival con diseminación en España e Latinoamérica.
Tes o programa e a información sobre os participantes na nosa web www.poemaria.eu e no noso Facebook .
Esperámoste!