O próximo luns 27 de xullo celébrase o Festival Folclórico Internacional de Coruxo. Trátase dun acto anual que organiza o grupo etnográfico A Buxaina en colaboración co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC).
O obxectivo deste evento é coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música. Este ano contarán coa visita de grupos chegados dende México (Compañía Nacional de Danza Folklórica de México), China (Grupo de Baile da Universidade de Hebei), Eslovaquia (Folklore Group Pol’ana), Euskadi (Alkartasuna Dantza Taldea) e, por suposto, coa actuación do grupo anfitrión, o Grupo Etnográfico A Buxaina.
O acto celebraráse no campo do Vao, o día 27, a partir das 21:30 horas. A apertura das portas será as 21:00 horas e a entrada será de balde.