Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.
Que boa pinta ten o festival de cervexa artesá que teñen preparado para o vindeiro fin de semana en Cangas. Do 15 ó 17 de xullo tes unha cita coa cervexa, a música e a gastronomía en Cangas!
Festival da cervexa artesá – Deliciosos petiscos – Concertos e Dj’s
Achégate ao Festival da Cervexa Artesá de Cangas a fin de semana do venres 15, sábado 16 e domingo 17 de xullo e descubre a produción artesanal dalgúns dos mellores cervexeiros nacionais! Ademais: unha apetecible zona gastronómica para desfrutar de suculentos petiscos xunto a praia e música de balde con concertos e sesións DJ durante as tres xornadas!
Unha fin de semana inesquecible e refrescante a carón do mar no Festival da Cervexa Artesá de Cangas! Agardámosvos!