¿Qué hacer en Vigo?

Festas de Coia 2015 – Festas da Consolación

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

O barrio de Coia xa ten todo listo para o comezo das festas en honra a Virxe da Consolación. A festa da consolación comeza ca novena en honra a virxe, con misas ás 20h tódolos días dende o 26 de Xuño ó 4 de Xullo. A programación musical, atraccións e postos teñen cita do 3 ao 7 de Xullo.

As festas, ademais das típicas atraccións, ten un dos mellores (o mellor, penso eu) programas musicais en canto a orquestras refírese:

Programa Musical.

Venres 03/07 (21:00h), pregón a cargo de D. Alfonso Agra, Actor. A continuación actuará o grupo de baile peña xuntanza de Coia.
A partir das 22,00 horas orquestras: Palladium e Sintonía de Vigo.

Sábado 04/07 na Avenida de Castelao ás 13 horas banda de música unión musical de Valladares.
A partir das 21,30 horas gran verbena amenizada polas orquestras: Orquestra Television e Gran parada.

Ás 00,30 Gran tirada de fogos de lucería.

Domingo 05/07, ás 13 horas concerto na Avenida de Castelao da banda de música municipal artística de Merza.
A partir das 21,00 horas gran verbena: Orquestras Jerusalén e Marbella.

Luns 06/07, concerto na Avenida de Castelao ás 13,00 horas: banda de música agrupación musical do Rosal.
A partir das 21,00 horas: Orquestras Pontevedra e París de Noia.

Martes 07/07 as 13,00 horas concierto na Avenida de Castelao da Banda de música municipal de Silleda.
A partir das 21,00 horas gran verbena polas orquestras: Combo Dominicano e Panorama.

Mércores 08/07 Día do neno.

Felices Festas de Coia 2015!

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.