A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa están a preparar a sexta edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 29 e 30 de abril.
A festa comezará o sábado 29 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : “lanzamento de sacho”, “debullar millo”, “lanzamento de boina”,
“carreira de trespés”, ….Quen queira anotarse pode facelo en colectivomalaherba@gmail.com ou facebook colectivo malaherba.
Actuacións sábado 29:
Xa pola noite actuará o coñecido monologuista OSWALDO DIGÓN, e os grupos “OS CARUNCHOS” e “THE TURRE´S BAND” que de seguro deleitarán a tod@s @s asistentes.
O Domingo 30 comezará a festa as 10:30h coa saída dende o Centro Cultural de Matamá dun carro tirado por unha parella de bois acompañado do Grupo de Gaitas Atlántida para ir ata o lugar de celebración da festa onde se procederá a labrar unha leira usando a forza dos bois.
As 14h. haberá un XANTAR POPULAR onde se servirá LACON CON BERZAS, PATACAS E CHOURIZO + PAN + VIÑO + CAFÉ + POSTRE polo prezo de 10 euros. (Para reservar chamar o tlf.:634561319).
Pola tarde contaremos coa actuación do home orquestra “CÉ ORQUESTRA PANTASMA” presentando so seu novo catálogo de brinquedos “Miudiño”.
As 18h @s nen@s asistentes a festa poderán sementar o millo na leira labrada pola mañán.
Ademais dentro da programación da festa haberá: Postos de venda Artesanía, Obradoiros de oficios artesáns, Mostra de animais do rural, Mostra etnográfica, demostración da moenda no muiño da Regueira, Concurso de Espantallos,
No caso de chuvia haberá zona cuberta.