¿Qué hacer en Vigo?

Experiencia piloto nas Illas Cíes

Esta entrada se publicó hace más de un año, el contenido puede estar obsoleto o puede contener errores.

Xornada experimental de turismo en Cíes que se vai organizar o día 21 de marzo e na que poderán participar 210 persoas. O obxetivo é evaluar e adaptar as actividades que finalmente van vertebrar o proxecto deseñado polo Concello de levar turistas ás Illas fóra de tempada.

O sábado 21 de marzo 210 persoas tomarán o barco rumbo a Cíes para participar nunha experiencia piloto que prevé levar turistas ao parque en tempada baixa. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo desta xornada experimental é evaluar e adaptar o proxecto, mellorando a súa operatividade.

Das prazas disponibles para participar nas actividades vencelladas á natureza, 70 son para participar nos paseos sonoros, 35, para os cursos de debuxo e pintura, mentres que outras 35 son para facer fotografías. Outros 70 turistas observarán flora e fauna, ademáis de restos de temporais e mareas.

Todos aqueles interesados en formar parte deste proxecto deben formalizar a súa inscripción na oficiña de información turística de Cánovas del Castillo 3, entre o día 13 e o 17 de marzo, ambos inclusive.

Para información telefónica: 010 (móbil 986 810 260) e Tel 986 22 4757 de Turismo de Vigo

Más info As Illas Cíes de Vigoislascíes.

Plan da actuación previsto:

Día 21 de marzo de 2015

09:30: Apertura da oficina do CRV e comezo da entrega de credenciais

10:30: Fin do proceso de entrega de credenciais

10:25: Comezo do embarque

10:35: Entrega de credenciais da lista de agarda

11:00: Desatraque

11:05: Actividades grupais a bordo

11:45: Preparación do desembarco

12:00: Saída das rutas

15:00: Comida de cada grupo e regreso ao punto de embarque

16:05: Foto de familia

16:15: Embarque e entrega de credenciais

16:20: Posta en común participativa

17:00: Chegada a Vigo e fin da actividade. Entrega de credenciais na oficina do CRV

Fecha de actualización:

Compartir es vivir!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.