90 minutos
Idade mínima: 16 anos
«Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama e que lles afectan a xeracións posteriores»
Pilar, unha muller maior, só se atreve a afrontar a vida durante o seu propio velorio, onde reúne as mulleres máis significativas para ela. Marisol escapa buscando un lugar libre de culpa; Leo percorre o mundo tentando fuxir do desexo dun fogar; e Inés, que nunca coñeceu a Pilar, recibe inesperadamente a súa casa en herdanza. Xuntas descubrirán segredos do pasado, revivindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante a guerra civil e á súa xuventude na Sección Feminina. Todas buscan ese lugar soñado ao que chamar liberdade; para algunhas, foi Francia.
Cando:
Xoves, 12 de Febreiro de 2026
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.30 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


