Xornadas Formativas "Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos" organizadas polo Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller.
As xornadas desenvolveranse durante os días 24 e 25 de marzo, en horario de tarde, na sala de conferencias da sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo emitirá un diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas.
As prazas son limitadas. É preciso inscrición previa enviando o formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org
A organización confirmará as prazas por orde de inscrición.
En arquivos adxuntos pódese descargar o díptico co programa completo así como o formulario de inscrición en formato editable.
Cando:
Do 24 de Marzo ata o 25 de Marzo de 2026
Lugar:
Sala de conferencias da sede Afundación. Policarpo Sanz, 26, 3
Horario:
De 16.30 a 20.30
Prezo:
Gratuíto con inscrición previa
Máis información:


