CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro con obxectos e circo
Idade recomendada: a partir de 6 anos
Duración: 50 minutos
Idioma: sen texto
Prezo de entrada: 5 €
Ficha técnica e artística
Interpretación: Jesús Velasco
Ollada externa: Jorge Jiménez
Deseño de escenografía: Jesús Velasco
Escenografía: CruLe Produccións
Deseño de luces: Rafael Díaz Ramírez
Deseño de vestiario: Alicia Tojo
Pintura: Raquel Germade
Costura de atrezo: Lorena Mariño
Deseño gráfico: Berbal Studio
Fotografía: Leticia Mariño e Sol Álvarez
Distribución: María Mariño Kandengue Arts
Descrición:
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos.
A través deste proceso, logra sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Este espectáculo fusiona harmoniosamente o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.O obxectivo é brindar unha experiencia agradable onde o público pode gozar da beleza e o humor sen preocuparse por outra cousa que non sexa deixarse levar pola emoción do momento.
Cando:
Domingo, 2 de Marzo de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
18:00 h
Prezo:
5 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da página web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: