Vigo luz e cor. Exposición de Jose Mª Barreiro
Visita guiada á exposición "Vigo luz e cor" dirixida pola comisaria da exposición, a prestixiosa historiadora Pilar Corredoira. Esta gran mostra é unha homenaxe do pintor José María Barreiro á cidade na que ten instalada o seu taller dende hai décadas. A pincelada enérxica e as cores vibrantes deste mestre da arte galega casan á perfección coa luz de Vigo.
Cando:
Xoves, 19 de Febreiro de 2026
Lugar:
Casa das Artes
Horario:
18.30 h
Prezo:
Inscrición e máis información na web https://museoseduca.vigo.org/reservar-visita/, no teléfono 615258531 e no correo electrónico museoseduca@vigo.org


