VIGO PORTÉ é un Evento Internacional de Disciplinas de Baile que este ano celebra o seu décimo-terceira edición presencial no AUDITORIO MAR DE VIGO; o mesmo recinto onde se celebrou os doce anos consecutivos desde o seu nacemento en 2012.
O evento consta de varios actos: TROFEO DE BAILE, ESPAZO MOSTRA e MASTER CLASS.
O evento ten seguimento anual en redes sociais cunha importante repercusión mediática. Destacada presenza en medios de comunicación durante estes 12 anos, conseguindo mesmo en 2023 dous importantes impactos en medios nacionais.
O movemento que xera en Vigo o evento é de 8.000 persoas directas, con cheo do AUDITORIO MAR DE VIGO durante tres días.
Estes 12 anos actuaron máis de 2.000 coreografías, 10.000 bailaríns, 400 escolas de danza.
O carácter do evento é internacional con presenza de participantes de toda España, Portugal, Francia e mesmo chegou a estar presente Chile e Venezuela.
O evento é considerado un dos eventos de danza máis importantes de Europa; tanto por parte de membros do xurado, como polos propios participantes que adoitan asistir a eventos noutros países e cualifican como superior, a calidade e organización de VIGO PORTÉ.
Podes consultar toda a información en: www.vigoporte.com
Cando:
Do 25 de Abril ata o 27 de Abril de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Prezo:
Venda de entradas en https://vigoporte.com/entradas/