Supersonic, Fermín Penzol 6
Con este 25 aniversario, Aneiros quere lembrar o camiño percorrido, acompañado da súa guitarra e da súa banda, ofrecerá unha viaxe musical pola súa carreira, a cal lle valeu a positiva crítica da prensa especializada e o recoñecemento como figura de relevancia no panorama do blues-rock en Galicia e España.Ao longo destes 25 anos de traxectoria en solitario, o blues-rock da súa guitarra combinouse con letras en español, inglés e galego, destacando especialmente o seu traballo musicalizando poemas de grandes autores da súa terra como Rosalía de Castro e Curros Enríquez, así como Ramiro Fonte. Tamén colaborou coa cantante canadense Julie Guravich, e máis recentemente, con Paula Martíns.
Cando:
Venres, 13 de Xuño de 2025
Lugar:
Rúa de Fermín Penzol 6
Horario:
22.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com