O AUDITORIO MAR DE VIGO ACOLLERÁ EN DECEMBRO "VARCO", VIGO ARTE CONTEMPORÁNEA, UNHA GRAN MOSTRA QUE REUNIRÁ MÁIS DE 31 ARTISTAS PRINCIPALMENTE DE VIGO, DE TODAS AS DISCIPLINAS.
Un evento cunha ampla mostra de arte actual galego, onde conflúen as traxectorias de 31 artistas na súa maioría de Vigo e doutras localidades, que se suman á participación dun artista estranxeiro, neste caso Portugal. A súa presenza lémbranos os lazos históricos e culturais que compartimos co país veciño, invitándonos a explorar as afinidades e matrices que enriquecen a visión artística común.
VARCO busca ser o fin de semana entre o 12 e o 15 de decembro un gran evento ao redor da arte, complementado con música, coloquios, obradoiros e gastronomía. ENTRADA GRATUÍTA
Cando:
Do 13 de Decembro ata o 15 de Decembro de 2024
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
Información en VARCO
Prezo:
Información en VARCO