VALERIA1 es lg
Fecha de inicio:
25/10/2025
Fecha de fin:
25/10/2025
Hora estimada:
21:00
Info:

Valeria Castro

Tras completar unha xira de 82 concertos con entradas esgotadas en teatros de más de 10 países co seu primeiro álbum, Valeria presenta «el cuerpo después de todo», o seu segundo traballo de longa duración. Producido polo oito veces gañador do Latin Grammy Carles Campi Campón (Jorge Drexler, Natalia Lafourcade, Vetusta Morla), este álbum marca un exercicio de maduración artística e persoal. En él, a de La Palma da paso a unha muller forte que enfronta os seus medos con valentía. É un quebracabezas de emocións que conecta cos nosos sentimentos más profundos e durmidos. Valeria, sempre fiel á súa esencia, parece lembrarnos aquela frase do escritor Antoine de Saint-Exupéry nO Principiño: «O esencial é invisible aos ollos».

Valeria acumula importantes recoñecementos, entre eles dous nomeamentos ao Latin Grammy, unha nominación ao Goya e premios como «Mejor Álbum de Raíz» nos Premios MIN, o Premio ACAEM e a Medalla de Oro de Canarias.

Ao longo da súa carreira, colaborou con figuras icónicas como Julieta Venegas, Alejandro Sanz, La Oreja de Van Gogh, Silvana Estrada, Vetusta Morla, Vicente García ou Sílvia Pérez Cruz, consolidándose como unha voz imprescindible na música actual.

Cando:

Sábado, 25 de Outubro de 2025

Lugar:

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

Horario:

21.00 h

Prezo:

Venda de entradas en https://www.teuticket.com

Fecha actualización del contenido:

2025-10-14 18:16
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo