THE TUBS foron unha das bandas de UK que chamaron a atención xa desde as súas primeiras cancións en 2020. En 2025 e co seu marabilloso 2º disco "Cotton Crown" xa falamos dun dos nomes imprescindibles a seguir da actual escena independente británica.
Con Owen Williams á cabeza (ex Joanna Gruesome, Ex-Võid) e sinónimo de garantía, de finura e boas cancións, The Tubs foron portada do prestixioso The Guardian e recibido encomios de medios de referencia como Pitchfork, Mollo, Uncut ou Spin entre moitos outros.
Veñen con ese esperado segundo disco "Cotton Crown" debaixo do brazo, co que xa se postularon para que se inclúa nas listas de mellores discos de 2025. Nel, os galeses penétranse nun territorio máis escuro e persoal, á vez que continúan perfeccionando as seus adictivas composicións. A banda expande a súa paleta sonora para abarcar unha gama caleidoscópica de influencias: desde Hüsker Dü ou Guided by Voices pasando polos Smiths, Fairport Convention, Television, The Pastels ou R.E.M
O próximo 21 Novembro poderemos gozar do seu directo en Radar Estudios, como parte da programación do festival Underfest Xacobeo.
Cando:
Venres, 21 de Novembro de 2025
Lugar:
Radar Vigo
Horario:
21.00 h
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com


