25 noroeste UVSC es lg
Fecha de inicio:
29/11/2024
Fecha de fin:
29/11/2024
Hora estimada:
20:00
Info:

Teatro do Noroeste. «Último verán en Santa Cristina»

Xénero: Teatro dramaIdade recomendada: adultosIdioma: galegoDuración: 95 minutosPrezo da entrada: 8 €

Ficha técnica e artística:Elenco artístico: Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Manuela Varela, Luma GómezAutor, dirección e iluminación: Eduardo AlonsoEscenografía e vestiario: Equipo TaetroComposición musical: Fernando AlonsoVídeos: César SeijasAxudante de dirección: Imma AntónioProdución: Eva Alonso

Sinopse:As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista.

“Último verán en Santa Cristina”, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Como ademais é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960. Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva daqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.

Cando:

Venres, 29 de Novembro de 2024

Lugar:

Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei)

Horario:

20:00 h

Prezo:

8 € (venda en www.giglon.com e Librería "Libros para soñar")

Fecha actualización del contenido:

2024-11-22 18:10
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei)