CICLO: VIGOCULTURA
Procedencia: Galicia
Xénero: teatroIdade recomendada: adultosDuración: 90 minutosIdioma: galegoPrezo de entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:Autor: Nasser DjemaïDirección: Cristina DomínguezInterpretación: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia RúaTradución: Henrique HarguindeyAdaptación: Vanesa SoteloEscenografía e vestiario: Carlos AlonsoDeseño gráfico, vídeo e fotografía: Diego SeixoEspazo sonoro: Héctor PazosIluminación: Héctor Pazos e Salvador del RíoDirección de produción: Salvador del RíoContratación: Lilian Portela. AMARELO Distribución.
Descrición:AS GARDIÁS, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas "gardiás" contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.
Cando:
Do 7 de Febreiro ata o 8 de Febreiro de 2025
Lugar:
Auditorio Municipal do Concello
Horario:
20 h
Prezo:
8 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis información: