Fecha de inicio:
11/04/2026
Fecha de fin:
11/04/2026
Hora estimada:
20:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Tanttaka Teatroa: «Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, verdad?»

TANTTAKA TEATROA: “SABES QUE LAS FLORES DE PLÁSTICO NUNCA HAN VIVIDO, ¿VERDAD?”Procedencia: EuskadiXénero: teatroIdade recomendada: adulto e xuvenilDuración: 90 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 10 €

Ficha técnica e artística:Autora: Mireia GabilondoElenco: Mireia Gabilondo / Aitziber Garmendia  / Telmo IruretaDirección: Mireia GabilondoEspazo escénico: Fernando BernuésVestiario: Ana TurrillasDeseño de iluminación: David BernuésMúsica: Mikel Laboa / Fernando VelázquezAxudante de dirección: Laia BernuésTécnica: Acrónica ProduccionesProdución executiva: Ane AntoñanzasProdución: Paola EguibarAdministración: Maite GorrotxategiFotos: Bárbara Sánchez PalomeroDeseño de cartel: CDN (Emilio Lorente)Distribución: Portal 71

Unha produción do Centro Dramático Nacional e Tanttaka Teatroa* Agradecemento especial á familia de Mikel Laboa e a Fernando Velázquez.

Sinopse:PERSONAXES:JOSÉ MANUEL: 37 anos. Psicoterapeuta de éxito con parálise cerebral.LUCÍA: 35 anos. Sofre unha depresión por parálise emocional.YOLDI: 35 anos. Coidadora de plantas con parálise intelectual.MARTINA: 60 anos. Psiquiatra con parálise metafísica.

Hai TRES ACTORES (aínda que CATRO PERSONAXES) porque LUCÍA sofre de trastorno de identidade disociativa, máis coñecido como personalidade múltiple; polo que tamén temos que falar de YOLDI, o outro “eu” de  LUCÍA, que, polo trauma que ten LUCÍA, creouse como unha muller con discapacidades intelectuais.

Hai outros dous personaxes, aínda que sexan Intelixencias Artificiais: ALEXA E ENMANUEL.

Tres persoas, ou catro, mellor dito:

LUCÍA ten unha depresión de cabalo que fai que viva unha experiencia vicaria a través de YOLDI, unha marabillosa moza con discapacidade intelectual.

YOLDI coidará as plantas de JOSÉ MANUEL, prestixioso psicoterapeuta que por unha parálise cerebral, vese abocado a unha dependencia total. Só fala co seu psiquiatra dunha relación moi íntima que mantén con ALEXA, unha intelixencia artificial.

MARTINA, psiquiatra, un pouco misántropa, que non pode máis. Non pode coa vida. Non é capaz de axudar á súa filla Lucía Vai tirar a toalla? Se cadra, si.

Por suposto, ningún dos tres, perdón, catro, sabe nada do que lle sucede ao resto, nin das súas desilusións e nin dos seus segredos; pero hai algo innegable: que o mellor que lles pasou nesta vida foi coñecerse e que os seus camiños se cruzasen.

 

Cando:

Sábado, 11 de Abril de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo