Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adultoDuración: 70 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:Autora: Yasmina RezaVersión e Dirección: Artur TrilloElenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño CasaisEscenografía e iluminación: Dani TrilloVestiario e maquillaxe: Martina CambeiroMúsica orixinal: Manu Abraldes
Sinopse:Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque.
Nada que uns pais civilizados non poidan resolver.
Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e analiza, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.
Cando:
Venres, 28 de Novembro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
8 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


