Fecha de inicio:
20/03/2026
Fecha de fin:
20/03/2026
Hora estimada:
20:00
Lugar:
Praza do Rei 1
Info:

Talía Teatro: «Artur Ui, o ovo da serpe»

TALÍA TEATRO: “ARTUR UI, O OVO DA SERPE”Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: adultoDuración: 90 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 10 €

Ficha técnica e artística:Elenco: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo,  Dani TrilloEscenografía: Dani TrilloVestiario e maquillaxe: Martina CambeiroIluminación: Dani TrilloCreación audiovisual: Marcos PttMúsica orixinal: Manu AbraldesProdución: Auri Ferreiro e Artur TrilloDramaturxia: Quico Cadaval e Diego ReyDirección; Quico Cadaval

Sinopse:Artur Ui, o ovo da Serpe é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.

Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fociño fóra do ovo.

 

Cando:

Venres, 20 de Marzo de 2026

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

20:00 h

Prezo:

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

 

Fecha actualización del contenido:

2026-02-17 13:46
Fuente de los datos: Axenda de Vigo