Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.
Cando:
Do 20 de Decembro ata o 21 de Decembro de 2024
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
Prezo:
Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com