Procedencia: Illas Baleares e MadridXénero: teatro de obxectos e monicrequesIdade recomendada: a partir de 6 anosDuración: 40 minutosIdioma: castelánPrezo da entrada: 3 €
Ficha técnica e artística:Autoría: Charles DickensDramaturxia: Vera González e Tolo FerràDirección e Creación Audiovisual: Tolo FerràDeseño Escenografía: Amaya CortaireComposición Musical e Espazo Sonoro: Iñaki RubioIntérprete: Vera GonzálezConstrución Escenografía e Atrezo: Amaya Cortaire e Elena C. GalindoDeseño Gráfico: Nuria GondíazFotografía e Vídeo: Josep AlordaProdución: Coma14 / Société MouffetteCoas axudas de Icib / Consell de Mallorca
Sinopse:A obsesión dunha moza con Cuento de Navidad fixo que desde pequena busque a forma perfecta de contar a historia de Dickens. Unha obsesión nada dunha insólita tradición familiar que iniciou a súa avoa: cada ano un membro da familia compra unha edición diferente do libro que deben ler xusto antes da cea de Noiteboa.
A través de maquetas, obxectos e mecanismos; e provista dunha proximidade e un relato íntimo, fainos revivir a noite na que a Scrooge lle cambiou a vida, e colócanos nun presente no que a literatura e a arte teñen o poder de iluminar os nosos días.
O señor Scrooge é un vello avaro e roñón. Non coñece a compaixón nin a caridade, ten o carácter agre e un corazón duro como unha pedra que non se abranda nin cando chega o Nadal. Pronto recibirá a visita inesperada de tres espíritos que o acompañarán nunha viaxe reveladora á súa nenez, o seu presente e o seu futuro. E o que descubrirá cambiaralle a vida. Hai historias que nos cambian por dentro para sempre, a miña é esta, Cuento de Navidad de Charles Dickens. Un ano a miña avoa Jacinta decidiu que iamos ler o libro antes da cea de Noiteboa e sen darse conta converteuno nunha tradición familiar.
Agora tócame a min contarvos a historia de Scrooge. Para facelo ideei un mecanismo sorprendente no meu taller, e creo que por fin está listo, ou case…
Cando:
Domingo, 23 de Novembro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
Dous pases: 16:30 e 18:00 h
Prezo:
3 €
ESPECTÁCULO EN ESCENARIO CON BANCADA. AFORO SÚPER REDUCIDO
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


