Procedencia: GaliciaXénero: teatro contemporáneoIdade recomendada: adulto (+14)Duración: 65 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 8 €
Ficha técnica e artística:Dirección: Carlos Álvarez OssorioVersión: Carlos Álvarez OssorioElenco: Sabela Gago, Fina Calleja. Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fer GonzálezDeseño de Iluminación e escenografía: Baltasar PatiñoDeseño de vestiario: Sarabela TeatroAsesoramento vestiario: Ruth Díaz PereiraDramaturxia do movemento: Nuria Sotelo e Rut BalbisCampo Sonoro: Renata Codda FonsDistribución: Culturactiva / Sarabela Teatro
Sinopse:
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia intenta comunicarse con el, pero todos os seus intentos son inútiles.
As tres mulleres -avoa, nai e irmán- que viven endebedadas e que dependen de Gregor para sobrevivir, entran en pánico ante a expectativa de non poder recuperarse da quebra financeira causada polo pai desaparecido. Tentarán manter a orde e a normalidade con distintas estratexias, todas elas inútiles.
A mirada da familia irá animalizando a Gregor, que se vai sentindo como un parasito. Para elas, el non é máis que un becho e el mesmo acabará aceptando a súa condición de monstro.
A Metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega.
Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? Ou para os demais? Temos dereito a cambiar, a transformarnos, en calquera momento da nosa vida?
Cando:
Sábado, 29 de Novembro de 2025
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
20:00 h
Prezo:
8 €
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas. • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)


