9 Cincenta alta es lg
Fecha de inicio:
19/10/2025
Fecha de fin:
19/10/2025
Hora estimada:
18:00
Info:

Sarabela Teatro: A Cincenta que non quería comer perdices

Procedencia: GaliciaXénero: teatroIdade recomendada: a partir de 7 anosDuración: 55 minutosIdioma: galegoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES baseado no conto de Nunilla López SalameroDirección e versión escénica: Fina CallejaElenco:  Sabela Gago, Fernando Dacosta e Elena SeijoDeseño de escenografía: “Amenosde7metros”Deseño de vestiario:  Sarabela Teatro/Imaxe e soportes audiovisuais: Iris Branco.Deseño de Iluminación: Baltasar Patiño.Coreografía: Rut BalbísEspazo Sonoro: Renata Codda FonsDeseño gráfico: RedeirasRRSS: RedeirasFotografías: Rubén VilanovaVídeo: Ohh!-VÍDEOProdución artística e económica: Fina CallejaDistribución: CulturactivaTécnicos en escena: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño

Sinopse:Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Esta historia, escrita por Nunilla López Salamero fálanos dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. A cincenta que non quería comer perdices é un conto moderno para nenos/as  que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É unha alegación que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser.

A peza pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agardando a que lles pidan a man. “A cincenta que non quería comer perdices" fala de temas tan de actualidade como a violencia de xénero, que segue sendo un problema entre os máis novos.

 

Cando:

Domingo, 19 de Outubro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2025-10-09 14:35
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1