O Salón Atlántico do Caravaning é un monográfico da Autocaravana, Caravana, Camper e Turismo de Camping que agrupa nunha mesma experiencia a maior exposición en Galicia de produtos, servizos e institucións coas mellores ofertas comerciais. Un lugar de paso obrigado para os amantes das viaxes e a natureza que apostan por outra forma de vivir.
Cando:
Do 28 de Maio ata o 31 de Maio de 2026
Lugar:
IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)
Horario:
Información en ifevi.com
Prezo:
Información en ifevi.com


