El chámase Romeo, e é un Montesco; ela, Julieta, unha Capuleto. Fillos de dúas grandes familias rivais en Verona. Un amor imposible aos ollos da cidade. Un amor inevitable e sincero que os converterá nos amantes máis soados da literatura universal.
Unha elegante escenografía e unha delicada iluminación reproducen a atmosfera da época dunha das cidades máis máxicas de Italia: Verona, que xunto a un luxoso deseño de vestiario que coida até o último detalle, recréase fielmente a sociedade na que viviu o seu autor (século XVI).
Traxes con veludos, peles, coiros, bordados, encaixes, fíos de ouro, sedas… ao estilo das máis grandes producións de Broadway.
Conta con coreografías efectistas e excelentes loitas de esgrima que achegan un ritmo trepidante a esta gran historia.
Romeo y Julieta EL Musical, a única adaptación teatralizada e musical da obra orixinal de William Shakespeare en España.
Cando:
Sábado, 15 de Novembro de 2025
Lugar:
Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo
Horario:
Información en Mar de Vigo
Prezo:
Venda de entradas en https://www.teuticket.com


