REINVENTIO é un espectáculo visualmente abraiante que mergulla ao espectador nunha aventura sen precedentes. A narración segue a un mago que perdeu a súa ilusión. Será quen de recuperala ao percorrer os seus pesadelos e soños?
O show transfórmase nunha especie de cabaret narrativo vibrante, rebosante de beleza e emoción, onde o circo, a danza e a maxia convértense nas pegadas do camiño. O público é convidado a un universo onírico no que a realidade se desdobra en aparicións e desaparicións imposibles, levitacións que desafían a gravidade, actos de circo que cortan a respiración e coreografías que encarnan a esencia da ilusión.
Esta aventura de asombro e misterio lévanos ao encontro da inocencia e a pura ilusión. REINVENTIO promete gozo, emoción e humor para toda a familia. É un recordatorio abraiante de que a maxia non é un segredo. É a forza de volver crer.
Cando:
Domingo, 14 de Decembro de 2025
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
18.00 e 20.30 h
Prezo:
Entradas en https://entradas.ataquilla.com


