Fecha de inicio:
02/11/2025
Fecha de fin:
02/11/2025
Hora estimada:
18:00
Info:

Rauxa Cía: Teatro de papel

Procedencia: CataluñaXénero: teatro de monicreques e circo contemporáneoIdade recomendada: a partir de 6 anosDuración: 45 minutosIdioma: sen textoPrezo da entrada: 5 €

Ficha técnica e artística:Idea original: RAUXA CIAEscritura e dirección: Xavi Sánchez e Analia SerenelliInterpretación: Xavi SánchezMirada externa: Analia SerenelliEscenografía: RAUXA CIAMúsica: Jesus AcebedoIntérpretes: Javier Sanchez Martinez

Sinopse:Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de monicreques extraordinarios, o pallaso e o teatro físico, busca reivindicar o poder da Imaxinación.

Teatro de papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un mono diálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico. É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo se detén e a poesía danza.

Cando:

Domingo, 2 de Novembro de 2025

Lugar:

Praza do Rei 1

Horario:

18:00 h

Prezo:

5 €

As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

    • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com    • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.    • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Fecha actualización del contenido:

2025-10-21 14:43
Fuente de los datos: Axenda de Vigo
Lugar:
Praza do Rei 1